20110221

E eu ámoas coa fera intensidade.
Coma fascinantes me semellan,
cousas tan horribles son,
que nacen da noite e seu ventre,
as cousas oscuras e monstruosas.

Mais ámoas coa fera intensidade,
son amante de horror e marabillas,
e ámoas no espazo e na idade.
Meu amar son desexo ou paixón [cordas vivas e mortas de sentimientos]
E na idade e no espazo ámoas,
marabillas e horror do amante,
mais ámoas coa fera intensidade.

As cousas oscuras e monstruosas,
que nacen da noite e seu ventre
cousas tan horribles son,
coma fascinantes me semellan.
E eu ámoas coa fera intensidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario