20110328

Dareiche, tanta distancia coma soños,
e pedras de ouro e xerseis de lá,
enfiados e fiados texidos que te amen.
Que te amen tanto coma eu non podo.

Dareiche, no momento do adeus,
un doce saúdo, e ao noso principio,
unha amarga e triste despedida.
Así é a noite na que sae o Sol,
ou o día no que a Lúa sonríe.

20110327

¿Como pode ser, pequecho?

Que ámote mais non podo
facer nada por ti.
Que ámote coa forza do tempo,
do espazo e do corazón,
mais non podo nada.

Ámote, mais choras doces bágoas
que non chego nin a recibir.
Ámote, e non podo secar
a triste choiva dos teus ollos
porque non cae na miña terra.

¿Hai palabras pra expresar
o que me fai morrer por ti?
Non hai, non hai, mais ámote.

20110317

Sentada sobre chan de prata,
e bebendo ela do quente mar,
existiu nos días de ouro e sol,
unha ilustre cidade ilustrada.

Sorrindo foron libres os cidadáns,
humáns de libertades imaxinadas,
fixeron vida gloriosa na erma terra,
e resistiron á chuvia metálica.

Luz intensa encontrada no mar,
metrópole ardente da rexión,
que non ten nome nin amor
porque ninguén a quixo.
Esa foi trinta días miña cidade
e trinta días seu meu corazón,
e deume ela tanta paixón,
que construinlle a esperanza
dun mar limpo de sangue
e unha terra sen feridas.

Mais a deusa Fortuna a matou,
ocultándoa cunha nube máxica
e un tembror da humanidade,
que sufría de forma tráxica.

Cargáronse uns tras outro, fusís,
pedindo axuda ao vello oido xordo,
e cando acalaron súa forte petición,
escoitaron a autómatas e fascismos,
con desfiles e mil armas asasinas
chamando ás súas novas portas.
Cidade de calor e cidade de ben,
loitando coas mans desnudas
sen máis arma ca alma e a valentía,
mentres oes tiros e bombas nas rúas.

Caendo os cidadáns, un por un,
era xa tan pronto coma tarde,
e as estrelas non saian por medo.
Os sons cesaron cos ríos de sangue,
que oxidaron a prata pura do chan,
e os asasinos coroáronse coma reis.
As xentes de liberdade foron extintas,
e soterradas baixo terra tricolor,
mentres o mundo, tímido e vergoñoso,
buscaba ao que xa estaba en ningures.

Finalmente foi, terra arábiga,
que coma fortes luces de Bengala,
brillaches nun tempo de sangue,
e viviches a vida pra morrer,
e o demo-cracia non fixo nada.

20110316

Algún día, deixarei de soñar.
Entón, vestireime de luto,
xa que perderei o último
que me mantiña cálido,
o que me permitía respirar.
E ese día, espero encontrar,
unha espada cravada
no meu ventre.
Unha espada nalgunha man
que puidese amar algunha vez,
facendo brotar de mín,
o sangue púrpura
que inunda o meu corpo.
O veleno, que é maldade.

20110313

Coa sal no ambiente, seu olor,
perfume do ferinte do ceo,
perfume de absoluto ferro.

Xogando co tempo nos dedos,
esnaquizando o universo,
así é como vívese na torre
de marfil, hundida no barro
mais erguida no inframundo.

¿Máquinas? Máquinas son.
Desbotando aos humáns,
títeres dos humáns,
que viven dos humáns.

Máquinas imbrando a óxido
no seu corazón.

Máquinas noxentas sen
motor da ánima.

Máquinas carnívoras que
non senten nada.

Os humáns sofren,
sofren e esclavízanse,
esclavízanse e crávanse,
convértense en
Máquinas de xofre,
humáns contra humáns.

20110312

Arrástrase o aire do océano,
e convértese no espazo verde
e transfórmase no tempo.

Sopra o oceáno. Aire, aire,
airiño que se arrastra,
sube e volta e sube,
volta e sube e volta,
airiño, aire, aire,
que se ben camiña,
ben, ben corre,
ben, ben voa.

E sopra o vento, vento mariñeiro,
brisa percorrendo ás areas,
vento percorrendo ás terras,
ou aire erguido nos campos suevos,
facendo Ventoso na nación do ego,
que gal, que gal, que gal,
a envexa do mundo enteiro.

20110301

Co ruxido do branco León do Ceo,
co espertar do frío dos tempos,
cinco dragóns comezaron a chorar,
e mentres voan na dirección do vento,
bágoas da salgada terra e de mel
comezan a mallar na terra.

Axítanse, convulsos e trémulos,
os dragóns de prata escamada,
chorando polo terrible frío,
movendo o seu corpo de escarlata,
mentres non acaba o inverno.

E ao final, tan cedo coma lonxe,
ábrense ao novo e fresco verán.
Aloumíñanse coa sinal da esperanza,
cando ruxe o dourado León do Ceo,
e sorrindo, marcando na brisa a súa danza,
sécase a chuvia dos seus ollos,
deixando ver que son o ceo azul.
De cuatro ojos, rojos ojos rojos,
como de luz prendidos la noche,
es mi difuminado rostro vivo,
de ruborizados colores sonrientes.

Una vez de más, siempre menos de dos,
mis labios, atentos observadores,
han visto a mil ojos besarme.
Nariz que dejo atrás entre mentes,
mentes de mi profundo recuerdo,
no os podré nunca, no olvido.

¡Pero soy cangrejo, animal como el ermitaño!
¡Adiós orejas cálidas de perros!
¡siempre tan fieles como amantes!
Y yo tan traidor como un patriota
que es arrestado por espías
que tienen sus naciones en su casa.

Me marcharé acabando, lo haré,
huiré de cada vida de mi etapa,
me recordaré y marcharé a todo ser.

Una cada de necesidades son estas cosas,
me odiéis, no, me recordéis, tampoco.
Soy pasión fugaz, estrella desenfrenada,
soy aquellas rocas que se estrellan
contra la fachada del mar,
y ese paso, que ya segundo.