20110316

Algún día, deixarei de soñar.
Entón, vestireime de luto,
xa que perderei o último
que me mantiña cálido,
o que me permitía respirar.
E ese día, espero encontrar,
unha espada cravada
no meu ventre.
Unha espada nalgunha man
que puidese amar algunha vez,
facendo brotar de mín,
o sangue púrpura
que inunda o meu corpo.
O veleno, que é maldade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario