20110312

Arrástrase o aire do océano,
e convértese no espazo verde
e transfórmase no tempo.

Sopra o oceáno. Aire, aire,
airiño que se arrastra,
sube e volta e sube,
volta e sube e volta,
airiño, aire, aire,
que se ben camiña,
ben, ben corre,
ben, ben voa.

E sopra o vento, vento mariñeiro,
brisa percorrendo ás areas,
vento percorrendo ás terras,
ou aire erguido nos campos suevos,
facendo Ventoso na nación do ego,
que gal, que gal, que gal,
a envexa do mundo enteiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario