20110301

Co ruxido do branco León do Ceo,
co espertar do frío dos tempos,
cinco dragóns comezaron a chorar,
e mentres voan na dirección do vento,
bágoas da salgada terra e de mel
comezan a mallar na terra.

Axítanse, convulsos e trémulos,
os dragóns de prata escamada,
chorando polo terrible frío,
movendo o seu corpo de escarlata,
mentres non acaba o inverno.

E ao final, tan cedo coma lonxe,
ábrense ao novo e fresco verán.
Aloumíñanse coa sinal da esperanza,
cando ruxe o dourado León do Ceo,
e sorrindo, marcando na brisa a súa danza,
sécase a chuvia dos seus ollos,
deixando ver que son o ceo azul.

No hay comentarios:

Publicar un comentario