20110317

Sentada sobre chan de prata,
e bebendo ela do quente mar,
existiu nos días de ouro e sol,
unha ilustre cidade ilustrada.

Sorrindo foron libres os cidadáns,
humáns de libertades imaxinadas,
fixeron vida gloriosa na erma terra,
e resistiron á chuvia metálica.

Luz intensa encontrada no mar,
metrópole ardente da rexión,
que non ten nome nin amor
porque ninguén a quixo.
Esa foi trinta días miña cidade
e trinta días seu meu corazón,
e deume ela tanta paixón,
que construinlle a esperanza
dun mar limpo de sangue
e unha terra sen feridas.

Mais a deusa Fortuna a matou,
ocultándoa cunha nube máxica
e un tembror da humanidade,
que sufría de forma tráxica.

Cargáronse uns tras outro, fusís,
pedindo axuda ao vello oido xordo,
e cando acalaron súa forte petición,
escoitaron a autómatas e fascismos,
con desfiles e mil armas asasinas
chamando ás súas novas portas.
Cidade de calor e cidade de ben,
loitando coas mans desnudas
sen máis arma ca alma e a valentía,
mentres oes tiros e bombas nas rúas.

Caendo os cidadáns, un por un,
era xa tan pronto coma tarde,
e as estrelas non saian por medo.
Os sons cesaron cos ríos de sangue,
que oxidaron a prata pura do chan,
e os asasinos coroáronse coma reis.
As xentes de liberdade foron extintas,
e soterradas baixo terra tricolor,
mentres o mundo, tímido e vergoñoso,
buscaba ao que xa estaba en ningures.

Finalmente foi, terra arábiga,
que coma fortes luces de Bengala,
brillaches nun tempo de sangue,
e viviches a vida pra morrer,
e o demo-cracia non fixo nada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario