20110426

Rosas de fume emerxen de teus beizos,
exhalando o teu máis profundo.
Xorden de teu interior, quente fogar,
coma grandes criaturas espontáneas
que se volatilizan fronte a ti. Esvaécense.

Son fillas de teus ardentes pulmóns,
as respiracións ledas e pausadas
das nosas festas de non máis que dous.
Son o noso palacio de desánimo e forza,
o rescoldo de nós. As galerías do pasado.

20110417

Agora son un coloso oxidado,
máquina vella e inmobilizada.
Derrúbome, presa da maleza,
das cadeas que miña mente
alzou sobre meu corazón.

Atrapado en ningures,
entre dous ou máis mundos,
morro pola miña natureza.

Nin cara atrás, nin cara diante.

20110403

El tiempo no se detiene y, ¿tan tarde es ya,
que llevas tus pantalones de corta seda
y tus camisetas de amor recién lavado?

Miro a tus ojos, y solo encuentro la bahía,
y el mar que se agita en ella, descontrolado.
Inúndame, te repito. La pasión me desgarra.
Aquello que me mantiene vivo, con aliento,
es eso que tu enciendes con tu presencia.

Te desnudaría mi alma, que es de colores,
pero está envenenada como mi cuerpo.
Estoy contaminado de mi mismo.