20110426

Rosas de fume emerxen de teus beizos,
exhalando o teu máis profundo.
Xorden de teu interior, quente fogar,
coma grandes criaturas espontáneas
que se volatilizan fronte a ti. Esvaécense.

Son fillas de teus ardentes pulmóns,
as respiracións ledas e pausadas
das nosas festas de non máis que dous.
Son o noso palacio de desánimo e forza,
o rescoldo de nós. As galerías do pasado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario