20110522

O recendo da vivacidade,
os movementos da alegría,
e os tempos dos cambios.
Todos harmonizan, conviven,
cantan, bailan e falan,
todos á vez, ao unísono.

Podo contarche mil historias,
de represión, de liberdade.
Ningunha será tan fascinante,
como a historia que vivimos.
A historia que nós facemos.

Loitemos pasivamente, coa voz,
cos puños no chan, detidos,
mais cos corazóns no aire.
Loita ti tamén, co sentimento,
coa emoción de cambiar todo.

O noso mundo é o que creamos,
non o que nos impoñen.

No hay comentarios:

Publicar un comentario